O Club
Quen somos
Somos o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, unha entidade con máis de 40 anos de historia, nada no corazón do barrio de Coia (Vigo), e hoxe convertida nunha referencia formativa do baloncesto galego.
Con máis de 700 xogadores e xogadoras, 31 equipas federadas e 10 escolas municipais, o noso compromiso vai moito máis aló do deporte. Educamos en valores, formamos persoas e tecemos comunidade.
A nosa historia
Fundado en 1983, o Seis do Nadal Coia foi un sementeiro de talento durante máis de catro décadas.
Os nosos logros deportivos levaron a disputar 6 Campionatos de España de Clubs, desde categorías infantís ata alevíns.
Entre os nosos fitos destaca o campionato de Segunda División da equipa sénior masculina na tempada 2012/13 e o seu paso pola Liga EBA en 2016/17.
Pero o máis valioso foi sempre a constancia, o traballo de base e o arraigo a Coia.
Misión, visión e valores
Misión
Formar persoas a través do baloncesto, ofrecendo un espazo educativo, saudable e competitivo para nenos, nenas e mozos e mozas de Vigo e a súa contorna.
Visión
Ser un referente autonómico na formación deportiva de base, mantendo o arraigo local e fomentando o espírito colectivo que nos identifica.
Valores
- Educación en valores
- Esforzo colectivo
- Compromiso coa comunidade
- Igualdade de oportunidades
- Paixón polo baloncesto
Equipo directivo e deportivo

Iria Otero Franco
Presidenta

Sergio González
Director deportivo

Alfonso Pimentel Alonso
Tesoureiro

María Belén Sanjurjo Lodeiros
Secretaria

Marta Calvo Fernández
Vogal

Ester Molina
Vogal

Laura Portela Cabaleiro
Vogal

Manuel Rodríguez Alvarez
Vogal
Sede social:
Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia
Rúa Mondariz, 2 – Coia 36209 – Vigo
Telf.: 627 516 980
Pavillón principal:
Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia
Rúa Mondariz, 2 – Coia 36209 – Vigo
